Benvidos á paxina web do CALLOBRE C.F.

Facendo canteira dende 1941

PROGRAMA DE XESTIÓN FÉNIX.

 

A partir de ano que vén todo aquel que queira xogar en calquera equipo galego deberá afiliarse ó PROGRAMA FÉNIX da RFEF. No enlace facemos unha pequena explicación do mesmo.

III TORNEO ALEVÍN /BENXAMÍN CALLOBRE

Pincha na imaxe

Sábado 19 de maio de 2012

EXCURSIÓN DO EQUIPO INFANTIL A PORTUGAL

Logo de finalizar o campionato e á espera da chegada da FASE DE ASCENSO, o equipo infantil vivirá dende hoxe un fin de semana intenso. Ás 8.30 horas arrancaba a expedición cara Portugal para pasar alí 2 días de fútbol e unión.

Visitas a Braga, Oporto e a zona Norte de Portugal e un triangular na mañán do domingo frente ó AMRG Ringe e o ADR S. Pedro de Fins serán os pratos fortes de 2 días de diversión e convivencia.

 

A pasalo ben!

Venres 18 de maio de 2012

O EQUIPO DE MAIORES SUPERA A 1ª ELIMINATORIA DO COPA DO SAR

O equipo senior superou na tarde de onte ó Pazos por 0-3 e clasificouse para a seguinte rolda grazas aos goles de Toño, Marcos e Piraña.

Regular partido dos nosos que non encontraron en ningún momento a forma de manter a posesión de balón con moitas imprecisións e pouco ritmo. Aínda así victoria e agora a preparar o encontro do domingo diante do Calo, en terras coruñesas.

ERRO NO CADRO DE PARTIDOS

Onte cometimos un erro ó establecer o horario do amigable do equipo amistoso diante do Val do Ulla.

Será o sábado ás 17.30 en San Martiño, así que haberá que estar as 16.30 horas no campo.

Mércores 16 de maio de 2012

TORNEO DE ROIS PARA O ALEVÍN A

O noso equipo alevín A desprázase este sábado ao campo de Rois para disputar o primeiro torneo logo do remate de liga.

No día de onte coñeciamos os rivais e horarios que quedaron establecidos desta forma:

11.00 horas: Callobre - Amio

14.00 horas: Callobre - Pontecesures

19.00 horas: Callobre - Once Caballeros

 

Moita sorte e a disfrutar.

Cadete: Callobre - San Marcos

Informamos ó equipo cadete que o partido de mañán diante do San Marcos será as 12.00 horas polo que hai que estar unha hora antes no campo.

 

Pola súa banda, o vindeiro domingo xogaremos ás 11.00 horas en Bertamiráns. Hai cambio horario por estar o equipo de Ames xogándose o ascenso.

HORA DO ADESTRAMENTO SENIOR DE HOXE

O adestramento de hoxe comezará ás 21.00 horas e rematará ás 22.30. Xurxo, Berto e Fabio (categoría xuvenil) están convocados para o mesmo.

Martes 15 de maio de 2012

RIVAIS DA COPA DO SAR

Xa temos rivais para os equipos cadete e xuvenil na copa do Sar. Serán respectivamente o Xuv. Oroso B (día 27) e o Tordoia(día 26) ambos como visitantes e a único partido.

 

Moita sorte.

Partidos amigables

Dobre enfrontamento Callobre – Val do Ulla neste largo fin de semana.

O xoves o equipo de Guille recibirá en San Martiño ós nosos vecinos. Será ó xoves 17 de Maio (día das Letras Galegas) ás 18.30 horas en San Martiño.

 

O sábado será o turno do equipo xuvenil que recibe ó conxunto de Alfonso reeditando ós choques da Liga que ata o de agora se saldan cun balance positivo de 2 victorias ó noso favor. Ás 17.30 horas no noso campo.



Luns 14 de maio de 2012

ADESTRAMENTO DE PORTEIROS

Esta semana o adestramento de porteiros volverá ao seu horario habitual na tarde do luns. 

Prebenxamíns e Benxamíns de 16:00 a 17:00

Alevíns, Infantís, Cadetes e Xuvenís de 17:00 a 18:00

Xoves 10 de maio de 2012

ADESTRAMENTO BENXAMÍN C

Debido á imposibilidade de moitas rapaces de acudir ó adestramento no horario normal dos venres, o de mañán adiántase ás 16.30 horas no campo de Callobre para o equipo C así como para todos aqueles que teñan coincidencia co horario do catecismo.

TORNEO MEMORIAL EDU DEADE DO 17 DE MAIO

Xa están os horarios do Torneo de Futbol 7 do día das Letras Galegas.

En categoría Benxamín o noso grupo estará formado por: Callobre C.F., Ponteourense, Sp. Marín e A Seca.

 

Os horarios serán:

Callobre C.F. - Ponteourense 11:10

A Seca - Callobre C.F.    13:40

Callobre C.F.  - Sp Marín   16:10

 

En categoría Prebenxamín o noso grupo estará formado por: Callobre C.F., Ponteourense, Salgueiriños e El Velle

 

Os horarios serán:

Callobre C.F. - Ponteourense   11:10

El Velle - Callobre C.F.    13:40

Callobre C.F. - Salgueiriños      16:10

MESA REDONDA SOBRE A PREVENCIÓN DE LESIÓNS

O vindeiro sábado terá lugar no Recreo Cultural (Casino) unha mesa redonda sobre a prevención de lesións no fútbol base á que tódolos técnicos do Callobre c.f. foron convidados a asistir como público.

Será este sábado ás 18.00 horas nas instalacións do Casino.

Luns 7 de maio de 2012

ADESTRAMENTO SENIOR DESTA SEMANA

O horario de adestramento será o xoves ás 21:30 cambiados.

ADESTRAMENTO XUVENIL DESTA SEMANA

Próximo adestramento: este xoves en horario habitual.

ADESTRAMENTOS PORTEIROS

Recordamos que ó igual que nas 2 semanas anteriores o adestramento de porteiros manténse o mércores nas horas marcadas.

Cando voltemos ó día habitual avisaremos a todos.

II TORNEO DE FÚTBOL 7 BEADE 2012 BENXAMÍN E PREBENXAMÍN

O xoves 17 de Maio os nosos benxamíns e prebenxamíns viaxarán a Vigo para participar no Torneo de Fútbol 7 Beade 2012

O torneo disputarase ao longo do día en horario de mañá e tarde en Vigo.

Pronto adiantaremos os grupos e os horarios dos partidos.

Recordar que en categoría benxamín únicamente viaxará un equipo con unha pequena selección dos rapaces dos distintos equipos, principalmente do equipo A e B que xa remataron a liga.

E xa non queda nada para o noso torneo Benxamín e Alevín onde sí participarán todos os nosos equipos!

SERVIZOS E PREZOS FIMEGA

Tal e como informabamos a finais da semana pasado o noso club vén de firmar un convenio de colaboración con FIMEGA. Aquí deixamos os servizos ofertados así como os descontos para os nosos socios e xogadores.

Servizos e prezos 1
escanear0001.jpg
Imagen JPG [1.0 MB]
Servizos e prezos 2
escanear0002.jpg
Imagen JPG [692.4 KB]

Domingo 6 de maio de 2012

BOAS NOVAS DOS PB1

Tal e como vén sendo habitual ó longo de toda a tempada os nosos prebenxamíns de primeiro ano non deixan de dar alegrías ao club.

Comezaba este fin de seman a andadura na  Fase Final da Copa, para a que estabamos directamente clasificados, cun primeiro encontro o sábado diante da EF SANTIAGO o que conseguíamos vencer por un claro 5-1. E hoxe nos cuartos de final o rival era o OROSO que sucumbía tamén ante a calidade dos nosos pequenos por 4-1.

 

Así que agora xa estamos en SEMIS, presumiblemente diante do Milladoiro, campión de liga e co que xa nos enfrontamos 2 veces ó longo de tempada con empate e derrota por 1-0.

 

Pero a tempada dos rapaces de Esteban e Rubi está sendo espectacular. UN 10 PARA ELES.

Xoves 3 de maio de 2012

NOVO CONVENIO CON FIMEGA

O Callobre c.f. vén de asinar un acordo de colaboración cunha nova empresa do pobo. Neste caso será FIMEGA (Fisioterapia Médica de Galicia) a que beneficiará a tódolos socios e xogadores do noso club con descontos nos servicios  que oferta.

 

Este acordo consiste en axustar o prezo das tarifas dos servizos de FIMEGA así como as consultas do traumatólogo, rehabilitador, psicólogo e podólogo para os membros do noso club que presenten o carné de socio en calquera dos centros de FIMEGA.

 

Nos vindeiros colgaremos na páxina o contido do acordo así como os servicios ofertados por esta nova casa colaboradora do noso club.

 

Martes 1 de Maio de 2012

RESULTADOS DA XORNADA DE HOXE

Liga Alevín: Título

Callobre - Touro (1-1)

 

Liga Benxamín: Título

Callobre B - Silleda B (2-9)

EF Lalín C - Callobre A (2-4)

CAMBIO DE ADESTRAMENTO CATEGORÍA SENIOR

Esta semana o adestramento do equipo senior será o Xoves 3 de maio ás 21:30 en lugar do mércores.

Domingo 29 de abril de 2012

CAMBIO DE DÍA DO ADESTRAMENTO DE PORTEIROS

Esta semana o adestramento de porteiros será o mércores 2 de maio en lugar do luns. O horario seguirá sendo o habitual. 

Prebenxamíns e benxamíns as 16:15

Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil as 17:00

REMATE DE COMPETICIÓN PREBENXAMÍN E SENIOR

A piques xa de entrar no mes de maio comezan a rematar as primeiras ligas nas que participan os nosos conxuntos.

 

O pasado sábado eran os prebenxamíns os que poñían fin o campionato cunha goleada diante dos veciños do Sporting (7-0). Máis que contentos quedamos coa progresión dos rapaces que rematan terceiros na clasificación no seu primeiro ano de fútbol-8 logo de abandonar o fútbol sala. Continúan agora os adestramentos para preparar os torneos que se disputarán ata o final de tempada.

 

E hoxe rematou a liga para o conxunto senior con victoria diante do Agolada B. Irregular campaña dos nosos que rematan na metade da táboa pero coa sensación de que, por equipo, deberiamos estar na fase. Non será así e agora toca preparar a Copa do Sar na que xa temos rival, o Pazos SR. Será, salvo troco, o día das Letras Galegas no campo do equipo coruñés.

Venres 27 de abril de 2012

CONVOCADOS PARA O CALLOBRE - ESCLAVITUD (XUVENIL)

Convocatoria do equipo xuvenil para o partido de mañán diante do Esclavitud.

Fabio e Manuel.

Diego I, Detena, Carlos, Eloi, Diego II, Rubén.

Jacobo, Xurxo, Claudio, Marc.

Fita e Alex.

Tamén están convocados os cadetes: Fer e Jon



As 16.00 horas no campo. Cambiarémonos no ximnasio.

Xoves 26 de abril de 2012

PROBLEMAS NA PÁXINA E NOVIDADES

Queremos pedir disculpas polo mal funcionamiento da páxina durante estos 2 últimos días por causas alleas ao Callobre c.f.

Pois ben, durante este tempo moitas foron as novidades:

  • En primeiro lugar, hoxe tivo lugar o adestramento cos técnicos do RC Celta de Vigo dos nosos pequenos. Bo comportamento e boa actitude e aptitude dos nosos que viviron unha nova experiencia.
  • En segundo lugar, avisar que o vindeiro martes terá lugar unha nova xornada para os grupos benxamín e alevín polo título adiántandose as últimas xornadas ós días 1 e 5-6 de maio no que rematará a competición.
  • En terceiro lugar, xa temos cerrado o cadro do III TORNEO ALEVÍN E BENXAMÍN DO CALLOBRE C.F.. Nos vindeiros días publicaremos grupos e horarios para que vaiades facendo as vosas quinielas.
  • Por último tamén os cadetes verán adiantado as xornadas finais do campionato ligueiro. A 33ª xornada (contra o San Marcos) disputaráse o día 17 de maio e a úlitma xornada (en Bertamiráns) o 20 do mesmo mes.

Martes 24 de abril de 2012

ADESTRAMENTO CO RC CELTA DE VIGO

Este xoves varios dos nosos pequenos cracks desprazaránse ata Sigüeiro para levar a cabo un adestramento cos técnicos do RC Celta e con máis rapaces de clubes convenidos de toda Galicia.

Desta vez os elexidos foron os seguintes:

Prebenxamín: Mauro e David

Benxamín: Dani M., Brais L., Vitor, Mario e Pablo D.

Alevín: Iván, Adrián e David.

 

Pero a próxima vez poderá ser calquer outro que o gañe no campo. A pasalo ben que a eso imos.

Sábado 21 de abril de 2012

FELICITACIÓNS PARA A EF LALÍN

Parabéns para a EF LALÍN que vén de conquistar matematicamente o título nas categorías benxamín e alevín logo de vencer nos seus respectivos partidos do fin de semana.

Títulos ben merecidos polo calidade e fútbol desplegados polos seus pequenos. Noraboa.

PARTIDO APLAZADO CALLOBRE - BELVÍS

Na mañán de hoxe os nosos cadetes disputaron os 60 minutos restantes do encontro aprazado no seu día diante do equipo santiagués do Belvís.

O resultado co que se reanudaba o xogo era de empate a 1-1 no marcador pero na hora que quedaba de xogo os rapaces de Patxi non deron opción e acabaron goleando por 8-1 que ben puido ser algún máis.

 

Agora a recuperar para enfrontarse mañán co At. Fátima en Santiago.

Luns 16 de abril de 2012

CAMBIO DE ADESTRAMENTO DO EQUIPO SENIOR

Avisamos aos compoñentes do equipo senior que o adestramento previsto para o mércores queda suspendido.

O próximo día de adestramento será o Xoves ás 21.30 horas en San Martiño.

Xoves 12 de abril de 2012

AVISOS PARA OS EQUPOS SENIOR E CADETE

EQUIPO SENIOR:

Cambio no horario de adestramento de mañán venres que pasará a ser de 20.15- 21.45 horas.

 

EQUIPO CADETE:

O vindeiro sábado día 21 xogaránse os 60 minutos do partido aprazado no seu día diante do Belvís. Será en San Martiño ás 10.00 horas.

Martes 10 de abril de 2012

CAMBIO DE ENCONTROS PARA O FIN DE SEMANA

Varios son os cambios de encontros de este fin de semana que afectan a categorías tanto de fútbol 11 como de fútbol 7.

En primeiro lugar os equipos B alevín e A benxamín xogarán o venres ás 19.00 horas en San Martiño diante da EF Lalín D e Silleda B respectivamente.

Pola súa banda o equipo cadete adianta o seu partido ó sábado 14 ás 12.00 horas tamén Callobre diante do Villestro.

 

O cambio de encontro dos venres afectará a os adestramentos dos venres que quedarán da seguinte maneira.

Os prebenxamíns manteñen o horario normal de adestramento.

Os equipos B e C benxamín rematarán con 20 minutos de antelación e os alevíns A adiantan o adestramento ás 17.00 horas.

 

Na vindeira semana os horarios voltarán á normalidade.

Luns 9 de abril de 2012

TORNEO BENXAMÍN AGUIÑO 2012

Primeiro torneo da tempada para os nosos rapaces, onde tocaba madrugar e desprazarse ata a Aguiño para un fermoso e competitivo torneo. Era unha selección dos nosos mellores benxamíns, e sen lugar a dúbida, un equipo que nos próximos anos dará moito de que falar. 

Tocábanos comezar o torneo contra o Xuv. Aguiño, onde non apareceron os nosos e o seu fútbol de toque, se non que apareceron os nervios xogando unha mala pasada. Despois aparecería o At. Riveira e xa os nosos moito máis despertos demostraron do que eran capaces cun bonito espectáculo no campo e logrando a ansiada vitoria. 

Era xa o tempo de descanso e de recuperar forzas cunha boa e tranquila comida (esa era a idea, pero non puido ser o de tranquila, como era de esperar). Tocaba apurar o postre e chegar correndo para enfrontarse a un dos mellores equipos do torneo, que finalmente quedaría de segundo. Partido moi difícil pero onde os nosos volveron a demostrar o seu saber facer no terreo de xogo e poñendo en apuros ao Abanqueiro S.D., cuha primeira metade moi boa de fútbol e de colocación no campo. Non puido ser e caemos eliminados con esta segunda derrota. Para despedirnos do torneo o último partido contra o Porto do Son C.F. onde xa non quedarían forzas e moitos erros sobre o terreo de xogo nos deixarían cos 3 puntos no grupo.

Parabéns a todos os rapaces polo comportamento e o bo ambiente xerado no equipo e polo esforzo, demostrando que calquera destas figuras pode xogar ao máis alto nivel. 

Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28.

Por favor instale FlashPlayer.

Xoves 5 de abril de 2012

O EQUIPO SENIOR ELIMINADO DA COPA DEPUTACIÓN

O noso equipo de maiores foi eliminado polo Laro na primeira rolda da Copa Deputación logo do partido desputado en San Martiño que rematou con 0-3 para os visitantes.

 

Sabiamos que se trataba dun encontro moi complicado e así foi. Victoria xusta dos visitantes pero quizáis demasiada abultada para o visto sobre o terreo de xogo, onde a pesar do que pode indicar o resultado os nosos amosaron boas maneiras. 

 

Sorte ó Laro nos vindeiros encontros pois trátase dun señor equipo tanto no comportamento como no que a fútbol se refire.

Mércores 4 de abril de 2012

INVITACIÓNS CD LALÍN - CD ESTRADENSE

O Cd Lalín remitiunos no día de hoxe 100 entradas para os nosos rapaces menores de 16 anos para poder presenciar o derbi da zona entre o equipo dezán e o CD Estradense, partido importantísimo para ambos equipos que se atopan moi cerca da zona de descenso na 3ª División.

 

Todos aqueles que estén interasados en acudir poden recoller a súa entrada en AMIFRUIT (Porta do Sol) ou ben chamando o teléfono do club: 655 47 11 40.

 

A entrada para maiores de 16 terá un custe de 10 euros.

PARTIDO COPA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Mañán as 12.00 horas terá lugar no campo de San Martiño o partido da primeira fase da Copa Deputación que enfrontará aos nosos co Laro c.f., correspondente a fase preeliminar da zona Deza- Tabeirós.

 

Partido moi complicado para os nosos pois reciben a un equipo recén ascendido a Primeira Autonómica con xente de moita calidade nas súas e sen dúbida un dos grandes favoritos a entrar na fase final desta Copa. Pero terán que gañalo no campo.

Luns 2 de abril de 2012

Torneo Benxamín Aguiño 2012

Primer torneo da tempada para o equipo Benxamín que se desprazará ata a Aguiño para enfrontarse nunha primeira fase ao Xuventude Aguiño, C.F. Porto do Son, At. Ribeira e S.D. Abanqueiro. Duros rivais nun torneo de nivel. O torneo celebrarase o venres 6 de abril durante a mañá e a tarde.

Recordamos que os rapaces que asistirán ao torneo serán algúns dos rapaces que compiten nos equipos Benxamíns de segundo ano únicamente, formando así unha pequena selección do equipo A e B. Ao finalizar o adestramento do martes entregaráse unha folla informativa aos rapaces que competirán o venres. (Adestramento martes 3 de abril de 17:00 a 19:00) 

Domingo 1 de abril de 2012

Boas novas para o club

Xa é oficial. Neira e Pacheco foron seleccionados polo corpo técnico e directiva da EF Lalín como encargados de dirixir á selección de xogadores de equipos da zona que participará na FASE FINAL do prestixioso Torneo Internacional Infantil de Lalín no que participarán equipos da talla do Real Madrid, Atlético de Madrid, Ath. Bilbao, Celta de Vigo, Deportivo, Sp. Gijón, Real Manaus (Brasil) así como 3 equipos procedentes da fase previa (de nivel tamén moi alto) e, por suposto, a EF Lalín.

 

Pronto comezará a selección de rapaces entre os equipos da zona polo que tamén os nosos infantís de primeiro ano terán opcións de acudir ó torneo.

 

Boa nova para o noso club pois a designación de ambos por unha Escola modelo como a de Lalín supón un pequeno recoñecemento ó traballo dos 3 últimos anos coa base no noso club.

Venres 30 de marzo de 2012

SANCIONADOS ESTA SEMANA

Este fin de semana terán que cumplir un partido de sanción os xogadores:

Enrique Arís, Kike (senior)

Jonathan Lamas (cadete)

Ambos por acumulación de cartóns.

RECTIFICACIÓN DE HORARIOS

Houbo unha pequena confusión nos partidos a disputar o vindeiro fin de semana polas categorías cadete e benxamín C.

O primeiro foi un erro noso pois publicamos que o partido se xogaría as 12.00 horas do domingo cando realmente será as 10.00 en San Mamed.

O segundo foi da delegación que comunicou un cambio de encontro que nin a EF Boqueixón nin nós solicitaramos. Finalmente o partido xogaráse o sábado ás 12.30 horas.

 

Desculpade as molestias.

Mércores 28 de marzo de 2012

COPA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Finalmente o noso equipo de maiores participará na Copa Deputación de Pontevedra  nunha primeira fase xunto con tódolos equipos da zona, dos que 2 pasarán á fase final cos demáis equipos da provincia.

E o primeiro rival é o Laro, novo equipo de 1ª Autonómica. Un dos rivais máis fortes cos que nos podiamos atopar. Pero encantados de recibir nas novas instalacións de San Martiño a un conxunto como o silledense que conta nas súas filas con xogadores de moitísima calidade.

 

Será o xoves ou venres de Semana Santa.

O resto de emparellamentos téndelos no seguinte enlace:

http://www.siguetuliga.com/?s=foro&fc=tema&id=5961

MERENDA PARA OS EQUIPOS PB 1 E PB2

Os nosos equipos PB1 (fútbol sala) e PB2 (fútbol 8) tiveron o venres logo do adestramentos unha merenda no restaurante NIXON no que deron boa conta das pizzas e bocatas...

Aquí deixamos unhas fotos dos cativos. Un espectáculo de rapaces.

Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28.

Por favor instale FlashPlayer.

Sábado 24 de marzo de 2012

A liga infantil nun partido

Hoxe é o día. O equipo de Guille desprázase ata Dubra para xogarse o título ligueiro. Seis puntos de vantaxe pero cun partido máis de forma que a victoria case nos da o alirón e a derrota nos complicaría moito as cousas.

A favor as gañas, a motivación e a calidade. En contra as dimensións do terreo de xogo...

 

Moita sorte.

Venres 16 de marzo de 2012

Fútbol no fin de semana

O parón na maioría de ligas de fútbol 11 fará que este fin de semana teñamos menos cantidade de partidos pero se queredes ver fútbol temos varias opcións.

 

En primeiro lugar un triple enfrontamento coVal do Ulla. Os PB2 e o equipo B benxamín recibirán en San Martiño aos nosos veciños e o equipo C benxamín viaxará ata O Coto para tratar de recuperar o pulso á competición.

 

Os equipos alevíns terán 2 duros encontros: o equipo  de Javi e Diego viaxa a Melide para xogar co equipo de segundo ano coruñés e os nosos rapaces do A reciben á EF Lalín C.

 

O partido da xornada terá lugar en Cruces. Os benxamíns de Neira tratarán de agarrarse ó segundo posto e seguir pelexando polo título coa EF Lalín.

 

Por último os cadetes viaxan a Santiago a medirse, o domingo, co Victoria.

 

Venres 9 de marzo de 2012

Reunión de xogadores do equipo senior

Convócase a todos os xogadores do equipo senior a unha reunión hoxe venres ás 20:45 en Callobre, para despois continuar co adestramento.

Xoves 8 de marzo de 2012

III Torneo Alevín / Benxamín Callobre c.f.

Xa temos data para a nova edición do noso Torneo Benxamín e Alevín do Callobre C.F. Despois do éxito do ano pasado,  do nivel amosado polos rapaces e rapazas participantes, nesta ocasión teremos o aliciente das novas instalacións. Así que a preparación comeza dende xa.

 

A partir de agora comezaremos coas invitacións a tódolos equipos que queiran participar pero xa podemos adiantar que poderemos ver en acción a varios xogadores alevíns que forman parte da selección galega...e máis sorpresas que teremos.

 

Por certo, a data será o fin de semana do 26 e 27 de maio, un día por categoría para evitar desprazamentos aos equipos os 2 días. Comeza a conta atrás.

Mércores 7 de marzo de 2012

Reportaxes gráficas de Catrogatos.com

Martes 6 de marzo de 2012

Cambio de adestrador no equipo senior

Hoxe toca dar unha desas noticias que a ninguén complace. Dende o domingo Vinseiro deixou de ser o encargado de dirixir ó equipo senior.

Unha situación que non nos gusta pero que se tomou como a única solución posible para certos aspectos no equipo que se estaban a convertir en problemas.

 

Pero dende aquí queremos recoñecer o traballo de Vinse e afirmar que nada ten que ver co rendimento deportivo do equipo ni con el como persoa, sen dúbida, todo un señor.

 

Gracias Vinse polo traballo feito e ánimo.

Martes 28 de febreiro de 2012

Crónica dos diferentes partidos do fin de semana en www.catrogatos.com.

Mércores 22 de febreiro de 2012

Fin de semana completo en San Martiño.

Achégase un fin de semana repleto de fútbol no novo campo de San Martiño.

Dende o sábado ás 11.00 horas ata o domingo pola tarde xogaránse ata 9 partidos das distintas categorías do noso club.

Xa podedes consultar horarios e rivais na pestaña do cadro superior.

 

Así que xa sabedes, pasade polo campo que atoparades fútbol...e máis fútbol.

Luns 20 de febreiro de 2012

Crónica do partido do sábado do equipo Benxamín A diante da EF Lalín en www.catrogatos.com

Mércores 15 de febreiro de 2012

Reunión informativa cos pais/nais do equipo Prebenxamín de Fútbol-8

Convócase a todos os pais/nais dos xogadores do equipo prebenxamín de segundo ano (os que compiten a Fútbol-8) a unha reunión que se celebrará o vindeiro venres día 17 de febreiro en Callobre ao finalizar o adestramento, sobre as 19:00 h. O motivo da reunión será tratar aspectos relativos ao comezo da tempada e aclarar calquera dúbida que poida xurdir.

Martes 14 de febreiro de 2012

Partidos do fin de semana

Con motivo da chegada dos Carnavais este fin de semana pararán a maior parte das competicións. No que a nós nos afecta os únicos equipos que terán partido serán os seguintes:

Cadete: Bodegón Arzúa - Callobre. Sábado ás 11.30 en Villestro.

Benxamín: Callobre A - EF Lalín A. Sábado ás 12.00 en San Martiño.

Prebenxamín 2º ano: EF Lalín B - Callobre. Sábado ás 12.15 en Lalín.

 

O resto de equipos minivacacións para recargar pilas.

Sábado 11 de xaneiro de 2012

Adestramento de porteiros

Definitivo o horario de adestramentos dos porteiros. Será os luns de 16.00 - 18.00 horas da forma seguinte:
- 16.00 horas: Categorías benxamín e prebenxamín.

- 17.00 horas: Categoría alevín e de fútbol 11.

 

O vestiario no que se mudarán será o local.

Cambios nos horarios dos adestramentos.

O novo campo de San Martiño terá dende o vindeiro luns un usuario máis. Será o CD Estradense de 3ª División que a partir de agora, e ata final de tempada, adestrará nas nosas instalación tódolos luns e mércores.

 

Isto implica que 2 equipos terán que mover o seu horario normal de adestramento:

- O luns será o equipo cadete o que comezará a adestrar ás 19.00 horas en lugar das 19.30 horas como era antes.

- O mércores o conxunto senior comezará a adestrar ás 21.45 horas. A outra opción era trocar os adestramentos para os martes pero foron os propios xogadores os que optaron por esta solución.

 

O resto permanece igual. Só unha cousa máis: para facilitar o uso das instalacións tódolos equipos deberán atender ó reparto de vestiarios tal e como aparece nos cadros publicados nesa zona.

Martes 7 de febreiro

Crónica dos partidos do sábado de categoría infantil e categoría benxamín en www.catrogatos.com

Luns 6 de febreiro

I CARREIRA COLEXIO N.S. LOURDES

Invitámosvos a todos os interesados en participar nesta primeira edición da Carreira Colexio N.S. de Lourdes que se celebrará o vindeiro domingo día 12 a partir das 10:30 da mañá nas instalacións deportivas do colexio. Inscribídevos ata o mércores día 8 de febreiro na web do colexio.

Colabora o Callobre C.F.

Venres 3 de febreiro de 2012

Primeira final

Chega a primeira "final" para un dos nosos equipos, neste caso, o senior. Os rapaces de Vinseiro terán o domingo a oportunidade de revertir os malos resultados conseguidos no que vai de segunda volta e, ó mesmo tempo, alonxarse dun dos rivais directos na loita pola fase, o At. Gresande.

No caso de perder as cousas quedarían moi complicadas e ademáis de forma merecida porque o equipo está a desaproveitar oportunidades de distanciarse na clasificación. Así que a arrima-lo hombreiro.

Domingo 29 de xaneiro de 2012

Crónica do partido Infantil do sábado en www.catrogatos.com

Crónica do derbi benxamín do sábado en www.catrogatos.com

Venres 27 de xaneiro de 2012

Calendarios 2ª fase alevín e benxamín.

Aquí deixamos o arquivo cos calendarios da 2ª fase alevín e benxamín tando da Liga como da Copa de Consolación.

 

Alevín: Páxinas 1-8

Benxamín: Páxinas 34-41

Calendarios 2ª Fase Competición Alevín e Benxamín
FGF261_27012012_101944.pdf
Documento Adobe Acrobat [10.8 MB]

Luns 23 de xaneiro de 2012

Rivais benxamíns e alevíns na segunda fase

Xa coñecemos os rivais da primeira xornada das segundas fases nas ligas benxamín e alevín.

Sorteo caprichoso que nos deparou un enfrontamento entre Callobre A e B na categoría benxamín e un triple viaxe a Lalín para o resto de equipos.

 

ALEVÍN:

EF Lalín B- Callobre A (Título)

EF Lalin D- Callobre B (Copa)

 

BENXAMÍN:

Callobre A- Callobre B (Título)

EF Lalín B- Callobre C (Copa)

Retirada do Boqueixón

O aviso a última hora da retirada da EF Boqueixón imposibilitou o estreo de equipo prebenxamín na competición ligueira.

Unha lástima e unha gran desilusión para os nosos pequenos que viron retrasado nunha semana o inicio dos partidos.

Será o vindeiro sábado diante do Val do Ulla.

Venres 20 de xaneiro de 2012

CROMOS

Xa tendes dispoñible na cantina os cromos de Monster Studio nos que saen tódalas categorías do noso club. Agora xa podedes comprar ó rematar os partidos...¡¡¡pero sen pasarse!!!

PREBENXAMÍN DE 2º ANO

Mañán arranca a liga prebenamín de fútbol-8. Será a primeira experiencia do noso clube nesta competición pois ata o de agora os nosos competían ó fútbol sala, tal e como seguen a facer, de forma espectacular, os nenos de primeiro ano.

 

Trátase de divertirse, de aprender e facer novos amigos e compañeiros así que a olvidarse do resultado e disfrutar do novo campo de San Martiño, outra das razóns polas que decidimos que xa podiamos competir na zona.

 

Mañán sábado as 11.00 horas Callobre c.f.- EF Boqueixón. E se queredes máis fútbol ás 12.30 dobre enfrontamento benxamín Callobre - Silleda.

FÚTBOL 11

Tódalas categorías de fútbol 11 alcanzar o ecuador da competición e toca facer un pequeno examen de como van as cousas para os nosos equipos.

SENIOR: Comezou a semana pasada a 2ª volta e o equipo de Vinseiro continúa metido en postos de promoción pero con moitos perseguidores tratando de facerse con esa praza. Un chisco máis de concentración nos primeiros minutos, algo máis de fortuna de cara a gol e olvidarse das protestas aos árbitros e o obxetivo estará cumprido.

 

XUVENIL: Logo da victoria do sábado diante do Negreira o equipo de Eneko volta a mirar cara os postos de arriba pero é necesario que teñamos máis regularidade. Ningún equipo da liga foi superior a nós pero moitos partidos regalámolos e ó final podemos notar a falta deses puntos. Sen dúbida a falta de gol pesa nun equipo moi moi xoven.

 

CADETE: Moi irregular o equipo de Patxi durante o que vai de tempada. Facemos da casa un fortín pero apenas sumamos fóra polo que se fai imposible subir postos. Hai que dar un paso ó fronte e amosar as mesmas condicións como locais e visitantes.

Por certo que aproveitamos para desexarlle unha pronta recuperación a José que onte á mañán se operaba da fractura dun dedo do pé.

 

INFANTIL: Espectacular o inicio de campaña dos rapaces de Guille cun único lunar : a derrota de Calo. Con 7 puntos da vantaxe sobre o 3º clasificado a liga é cousa nosa e do Dubra pero non se pode errar no resto de partidos para afrontar ese encontro como se dunha final se tratase.

Xoves 19 de xaneiro de 2012

RIVAIS DOS PREBENXAMÍNS NA FASE POLO TÍTULO.

Aquí deixamos a relación de equipos cos que os nosos prebenxamíns de primeiro ano se enfrontarán na disputa polo título, nunha liga a unha volta para un total de 11 partidos. Ollo porque hai equipos moi, moi bos...

 

MILLADOIRO, OROSO (estos 2 xa estaban no noso grupo), BERTAMIRÁNS, INMACULADA, SANTIAGO, CONXO, CALO, BOSCO, CACHEIRAS, VILLESTRO E CASTIÑEIRIÑO.


Os favoritos: Conxo e Cacheiras con tódolos partidos da primeira fase gañados, pero ahí están os nosos cun só partido empatado chamando á porta dos mellores.

Sorte a todos e a pasalo ben.

SORTEO 2ª FASE ALEVÍN E BENXAMÍN

Este fin de semana dispútase a última xornada da primeira fase da competición alevín e benxamín pero antes de que remate xa teremos o sorteo da segunda fase.

 

Sen embargo non está todo decidido tanto nunha como noutra categoría.

ALEVÍNS: 5 equipos pelexan por 2 postos para meterse na fase polo TÍTULO para a cal xa está clasificado dende hai tempo o noso equipo A. Un deses equipos, o At. Melide, será o rival do noso equipo B que disputará a competición que recibirá o nome de Copa.

 

BENXAMÍNS: Cos equipos A e B xa clasificados para pelexar polo título aínda existe a posibilidade de que tamén o noso equipo C entre con eles. Sería un éxito para o noso fútbol base conseguir meter os 3 equipos entre os 8 mellores pero somos conscientes que se o equipo que adestra Marcos pasa o corte encontraríase cunha segunda fase moi complicada pois é un equipo, por completo, de 1º ano. A cousa está entre os nosos e a EF Lalín C que xogan o sábado diante do Sp. Estrada A, que xa non ten opcións de entrar. Se gañamos e entramos ben, pero se o final non o conseguimos a tempada será igualmente un éxito para estos nenos que, recordamos, o ano pasado competían a fútbol sala.

Esperaremos a ver que pasa...

Domingo 15 de xaneiro de 2012

IMPRESIONANTES PREBENXAMÍNS 1º ANO

Os nosos prebenxamíns de primeiro ano clasificados para a fase final de loita polo título logo de golear ó Villestro, 10-0.

 

Clasificación do grupo.

 

Noraboa e a seguir dando espectáculo.

PATROCINADORES 2011-2012

 

CONTACTO

CALLOBRE C.F.
A RIVA - CALLOBRE s/n
36688 A ESTRADA
Teléfono: +34 655471140

E-mail: callobrecf@callobrecf.com

 

 

¿QUERE FACERSE SOCIO?

Chame o teléfono +34 655471140

Ou ben utilice o noso formulario de contacto.

 

El Tiempo en Estrada, A